Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela prenderá as luces de Nadal o 29 de novembro

nadla redondela

Foto: O concelleiro Antonio Cabaleiro, a alcaldesa Digna Rivas e a edil Rita Pérez

O acendido da tradicional iluminación de Nadal terá lugar o sábado 29 cando de xeito simultáneo se proceda a prender as 895.000 luces led distribuídas por todo o municipio. A festa arrancará ás 19:00 horas e dende o concello anuncian “un gran espectáculo” que inclúe música, pasarrúas e moitas sorpresas.

A praza do Concello e as rúas do centro da vila acollerán a partir da sete da tarde un espectáculo que dará paso unha hora despois ao prendido das luces. 895.000 luces led que suma máis de 5.000 metros cadrados de iluminación, 600 elementos decorativos e 200 arcos.

A iluminación de Nadal, como en anos anteriores, non se limitará aos núcleos urbanos senón que “se estende por todas as parroquias do municipio con figuras decorativas nas rúas, prazas, alamedas, xardíns e elementos singulares como o mercado municipal ou o antigo viaduto”, sinala a alcaldesa, Digna Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará