Un ano despois de que o organismo provincial e o concello de Pazos aprobaran o convenio para acometer esta obra, o presidente da Deputación, Luis López confirma a aprobación do expediente para contratar por valor de preto dun millón de euros esta actuación que permitirá mellorar as seguridade viaria nun tramo de 1,5 km. A Plataforma pola mellora de EP2702 lembra que é preciso acometer o arranxo integral da vía que conta con 8 kilómetros e convocan este sábado 22 ás 16:00 horas unha asemblea para abordar esta cuestión na Casa Cultural de Nespereira.
A Xunta de Goberno do organismo provincial vén de aprobar o expediente para contratar as obras de ensanche e mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-2702 Amoedo-Os Valos, en Pazos de Borbén, cun investimento de preto de un millón de euros. A actuación de mellora na ten por finalidade optimizar a seguridade viaria incrementando a sección da estrada, dotándoa de carrís máis amplos e beiravías. Tamén se mellorará o trazado da vía e executará unha cuneta transitable para mellorar a mobilidade peonil.
Luís López amosou a súa satisfacción por “conseguir activar o procedemento para executar estas obras que son unha demanda histórica da veciñanza de Pazos de Borbén”. Con todo, a obra chega logo dun dilatado proceso que estivo marcado polas mobilizacións veciñais ante a falta de resposta das administración. Uns veciños que insisten en que é preciso que se acometa a reforma integral da vía de 8 kilómetros motivo polo que convocan a toda a veciñanza a unha asemblea que terá lugar este sábado na casa da cultura de Nespereira ás 16:00 horas.









