O concerto está enmarcado dentro do programa da VI edición do Festival Internacional de Big Bands que organiza a Orquestra de Saxos e a Xingros’s Big Band do Conservatorio de Redondela.
O programa arrancou este xoves cunha master class do saxofonista portugués no auditorio do Multiúsos e inclúe un concerto esta tarde ás 20:30 horas aberto ao público en xeral. Hélder Pereira estará acompañado no escenario polos músicos da Orquestra de Saxos e a Xingro’s Big Band. A entrada é gratuíta.
As xornadas rematarán o sábado cunha master class do músico redondelán José Pérez, tamén con entrada libre.










