Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A caída dunha árbore causa danos nunha vivenda en Cedeira

meteosar

A borrasca Claudia segue azoutando boa parte de Galicia, con chuvias persistentes e fortes refachos de ventos. En Redondela esta situacións adversa deixouse notar nas últimas horas con pequenas incidencias que provocaron caídas de pólas en diferentes puntos do Concello e tamén a activación por parte da Dirección Xeral de Emerxencia do plan especial por risco de inundacións no Maceiras.

O incidente máis salientable tiña lugar contra ás 15:00 horas de onte cando se producía a caída dun carballo sobre unha vivenda no Camiño da Cabadiña en Fortóns na parroquia de Cedeira. Segundo informan dende a Policía Local o incidente provocou a caída de parte dun muro e as pólas golpearon as chapas do tellado causando danos na cuberta pero non hai que lamentar grandes estragos.

Tamén onde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activaba o plan especial de risco de inundacións advertido da necesidade de estar alerta ante a crecida no río Maceiras. Con todo, dende o Servizo de Emerxencias de Redondela puntualizan que nestes momentos o caudal do río non presenta risco de desbordamento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará