O presidente da Comisión de Festas do Carme de Cesantes, Manuel Nieto, foi o encargado de dar voz a unha reclamación asinada por colectivos sociais, deportivos e a propia agrupación de pescadores e mariscadoras que demandan que se recupere unha infraestrutura que desapareceu no ano 2009 a consecuencia dun temporal.
Aseguraba na súa exposición que este pantalán daba servizo ás persoas que viven do mar pero tamén aos deportistas do club de remo que empregaban ou a propia comisión das Festas do Carmen que precisa deste pantalán para a realización da procesión por mar, xa que actualmente depende de estruturas provisionais para o desembarco.
Unha demanda que trasladaban ao pleno amosando a súa disposición a “levar este tema ante as administracións que teñan algo que dicir ao respecto ou que teñan capacidade de decisión neste asunto”.
O antigo pantalán da Punta construíuse orixinariamente en madeira durante as obras de rehabilitación da Illa de San Simón e, durante anos, o seu uso foi compartido por mariñeiros, veciños e visitantes, que o empregaban para acceder ás súas embarcacións, pescar ou simplemente disfrutar da paisaxe da enseada.









