Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comezo de tempada con vitoria para Balonmán Chapela e SAR

WhatsApp Image 2025-10-28 at 13.49.03

Foto do Balonmán Chapela

Nunha xornada inaugural chea de contrastes na Segunda Autonómica Feminina, o IES Obra Civil Balonmán Chapela estreou con goleada épica por 49-15 ante o DS Smith BM Arousa no Manuel González Soto, mentres que o SAR Impernoroeste sumou un sólido 32-21 fronte ao CP Lucense na casa, consolidando un comezo triunfal para os dous conxuntos locais; porén, a Pastoriza Choqueiras sufriu unha derrota inicial por 17-47 como visitante ante o Club BM Abegondo.

Comezo de tempada con goleada para o Balonmán Chapela na Segunda Autonómica

As mozas do Balonmán Chapela iniciaron a tempada con paso firme e unha exhibición de poderío ofensivo na Segunda Autonómica Feminina. Na estrea na liga, o IES Obra Civil Balonmán Chapela, venceu ao DS Smith BM Arousa cunha goleada épica de 49-15 no Pavillón Municipal Manuel González Soto, ante o apoio entusiasta da afección berete.

Esta vitoria non só supón tres puntos valiosos para o casillero, senón que inxecta unha dose extra de confianza de cara á próxima xornada, na que as beretes desprazaranse ata Vigo para enfrontarse ao CDEC Lavadores B.

Estrea triunfal da SAR Impernoroeste ante o CP Lucense na Segunda Autonómica

O SAR Impernoroeste comezou a tempada na liga de Segunda Autonómica cunha gran vitoria na casa fronte ao CP Lucense. As xogadoras locais comezaron o encontro con calma, adaptándose ao ritmo do partido e tanteando á rival. Pouco a pouco foron atopando o seu xogo e marcando o ritmo, reflicto no marcador cun 8-2 ao minuto 15. Antes do descanso, lograron ampliar a súa vantaxe para chegar ao intermedio cun 16-9 a favor.

Na segunda metade, a dinámica mantívose. Con ataques rápidos e efectivos, a SAR seguiu impondo o seu xogo e ampliou aínda máis a diferenza, pechando o encontro cun contundente 32-21.

As xogadoras da SAR celebran este gran inicio de tempada. Na próxima xornada, a SAR Impernoroeste visitará a pista do Balonmano Tui

Derrota inicial para o Pastoriza Choqueiras, pero a tempada acaba de comezar

O Pastoriza Choqueiras estrea a Segunda Autonómica Feminina cun revés como visitantes, pero cunha actitude de loita que augura unha tempada de recuperacións e sorpresas. O Club BM Abegondo impúxose con autoridade por 47-17 nun encontro disputado no pavillón local, onde as Choqueiras non puideron facer fronte á superioridade do rival na xornada inaugural.

 A próxima xornada lles ofrece un respiro: un período de descanso que lles servirá para preparar o regreso á competición o 16 de novembro, cando recibirán na casa ao BM Arousa.

O SAR Rodavigo cae ante o Balonmano Porriño na DHPF

Nun derbi galego e provincial dentro da División de Honra Prata a nivel nacional, disputado na pista do Balonmano Porriño, o SAR Rodavigo loitou ata o final nun partido cheo de emoción. O encontro comezou cun dominio local, cun Porriño moi acertado que logrou abrir brecha pronto no marcador, colocando un 10-5 nos primeiros minutos. As xogadoras da SAR viron obrigadas a remar dende atrás e, aínda que foron atopando mellores sensacións, o descanso chegou cun 17-13 a favor das locais.

Tras o paso polos vestiarios, SAR Rodavigo saíu con outro aire: corrixiu desaxustes e achegouse perigosamente no marcador (17-16 ao minuto 33), chegando incluso a igualar o partido (22-22 ao minuto 46) e facendo crer na remontada. Porén, o Porriño reaccionou nos minutos finais e volveu a distanciarse, deixando o resultado nun 28-24 definitivo.

O vindeiro fin de semana, o SAR Rodavigo recibirá na Bomboneira ao Balonmano Perdoma.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará