A Asociación de veciños organiza esta charla que terá lugar este martes 28 ás 18:00 horas no Multiúsos do Piñeiral a cargo do inspector da Policía Nacional, Antonio Perera. Unha actividade aberta a todo o público que queira achegarse e no que se falará de diferentes delitos e se achegarán claves para evitar ser vítimas dos delincuentes que os operan.
Na conferencia abordaranse as principais tipoloxías delituosas que afectan as persoas analizando delitos como as estafas por internet, a ciberseguridade, a seguridade no fogar ou as ocupacións, Achegaranse tamén consellos para evitar seren vítimas destas prácticas.
Igualmente, e dada a crecente incidencia en delitos cometidos a través das novas tecnoloxías, se darán a coñecer os métodos que utilizan os delincuentes para elo e seguidamente se establecerán pautas de como poñerlles freo, facilitando algunhas medidas de seguridade a adoptar, así como algúns consellos para operar de forma segura por internet, por exemplo, no caso de realizar algunha compra.
Por último, expoñeranse as utilidades e como descargar ALERTCOPS, a aplicación policial que serve para alertar dun feito delictivo, mediante chamada ou mensaxe, e que resulta útil en caso de que unha persoa se atope desorientada ou perdida.









