A Asociación de veciños de Chapela organiza o mércores 22 ás 17:00 horas e o xoves 23 ás dez da mañá dúas xornadas nas que se abordarán cuestión vinculadas coa xestión de residuos e a reciclaxe. Desenvolveránse na sede de asociación e son de balde previa inscrición no enderezo contacto@avvchapela.com ou por whatsapp no teléfono 600522904.
Baixo o nome «En hostalería pequenos xestos, grandes cambios. Únete ao Quinto Colector» a Asociación de Veciños de Chapela acolle estas xornadas nas que os participantes descubrirán como transformar e axudar no seu posto de traballo e na súa casa para ser un referente sostible. Achegaranse consellos de cómo xestionar os residuos de xeito eficiente, cumprindo coas normativas e contribuían ao coidado do planeta.
Os participantes recibirán un pack de reciclaxe no que se inclúe os distintos contedores para que poidan realizar a reciclaxe de residuos dun xeito doado e sostible e, ao longo dunha hora aprenderán de xeito práctico como reducir os residuos e como aproveitar os alimentos.
A asistencia é de balde pero precisa de inscrición previa. Está aberto a calquera persoa que estea interesada.









