Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mobilización no IES Pedro Floriani en solidariedade con Palestina

palestina

Un grupo de docentes e alumnado do IES Pedro Floriani secundaron onte os paros laborais convocados por algúns sindicatos e organizaron unha serie de actividades para visibilizar a situación que sofren os palestinos e palestinas.
Unhas mobilizacións que se desenvolveron este mércores entre as 10:00 horas e as 14:00 horas con obradoiros para confeccións de broches e pendentes con forma de sandía, en alusión á bandeira de Palestina. Proxectáronse varios documentais e reportaxes para coñecer e reflexionar sobre a historia do Estado de Israel e Palestina creando debates e intercambio de pareceres.
Ás 11:30 despregáronse no patio varias centenas de barcos de papel verdes, negros, brancos e vermellos previamente elaborados por alumnado e profesorado co obxecto de simular a Flotilla Global Sumud e os diversos intentos de quebrar o bloqueo de Gaza. Neste acto leuse un manifesto elaborado polo estudantado no que se afirmaba que “este comezo de curso escolar non se pode considerar normal mentres que no extremo oriental do mar Mediterráneo continúe o xenocidio sobre o pobo palestino (…) Ante esta situación, non cabe mirar cara outro lado”.
Unha xornada que serviu tamén para analizar o alto o fogo como un respiro para a poboación ao tempo que se alerta de que “o acordo de paz non contempla a fin da ocupación colonial nin do réxime de apartheid no que vive o pobo palestino. Asinar un alto o fogo non exime dos crimes de guerra cometidos e suscita reservas en canto ás condicións de vida do pobo palestino de Gaza”. Finalizou o manifesto esixindo a detención inmediata das agresións cara todo o pobo palestino, a apertura de corredores humanitario así como a rotura das relacións con Israel.
A xornada foi seguida por un amplo grupo de alumnado e profesorado do IES Pedro Floriani.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará