Hoxe é Domingo 7 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela CF debuta con seu primeiro equipo cadete feminino

WhatsApp Image 2025-10-15 at 18.51.24

As rapazas do Cadete no campo do Teis

O Chapela CF estrea o seu primeiro equipo cadete feminino cun obxectivo claro: formar unha base sólida de xogadoras locais e pavimentar o camiño cara a un equipo sénior formado por talento da casa. Este proxecto non só responde á vontade do club de converterse nun referente no fútbol feminino da comarca, senón que tamén garante un futuro deportivo ás mozas que queren seguir competindo no seu propio municipio, sen ter que marchar a outros clubs lonxe.

O equipo arrincou a tempada con 23 xogadoras, todas entre os 12 e os 15 anos. A maioría proceden de Chapela e algunhas xa se coñecían dos equipos mixtos nos que competiron ata agora. “É o froito do traballo feito durante os últimos anos e comezamos con ilusión”, confesa o presidente do club, Jose Hermida, que exerce de adestrador xunto con Miguel –o primeiro adestrador– e a delegada de equipo Rosa, moi implicada coas rapazas. Sen presións nin expectativas esaxeradas, o grupo enfócase en aprender e gozar, aínda que as xogadoras non ocultan a súa ambición: “Queremos marcar goles e gañar algún partido”, din Aitana e Carmela entre risas.

Aitana e Carmela.

Aitana, de Villar, e Carmela, de Quintela son dúas das xogadoras máis novas e con apenas 13 anos serán as que herden o cadete e o afiancen. Compañeiras de clase, compaxinan sen dificultades os estudos co fútbol, e o que máis valoran do equipo é a unión grupal. “Somos un grupo moi cunido; no vestiario sempre montamos festa, gañemos ou perdamos”, afirman as dúas cun sorriso cómplice.

Aitana e Carmela.

 Carmela, que antes xogaba ao fútbol sala no equipo do Casa Paco, decidiu inscribirse no Chapela para compartir esta aventura coa súa amiga. Pola súa banda, Aitana xa formaba parte do club e presume de ter anotado catro goles na tempada pasada co equipo mixto, unha xesta da que se sente especialmente orgullosa e que dedicou ao seu irmán. “Agora o noso obxectivo é seguir disfrutando e marcando goles”, engade con determinación.

Aitana e Carmela.

O equipo sente o apoio incondicional do club e da comunidade: aos partidos acoden amigos, familiares e compañeiros, xerando un ambiente de afección vibrante nas gradas que as anima a dar o mellor de si. Os adestramentos actuais céntranse en potenciar o aspecto físico, un dos principais retos para moitas das xogadoras, que son novas neste deporte e precisan adaptarse aos seus ritmos.

Aitana e Carmela.

O interese polo fútbol feminino non para de medrar e elas son exemplo diso. O proxecto chega nun momento clave para o Chapela CF, que non só aspira a competir, senón tamén a inspirar ás novas xeracións. “Queremos que as nosas xogadoras teñan opcións aquí mesmo despois da etapa mixta; sen iso, moitas terían que marchar a outros clubs”, explica o presidente Hermida.

Aitana e Carmela.

Tras dous partidos iniciais sen puntuación, o seguinte compromiso será este fin de semana na casa, fronte ao Rosalía. As xogadoras fan un chamamento aberto: “Animamos a todas as rapazas –e a toda a veciñanza– a achegarse ao club”. Se queres ser parte desta nova era do Chapela CF, achégate as súas instalacións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará