Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vandalismo en Redondela: prenden lume aos baños do Multiúsos da Xunqueira

lume 1

O autor ou autores do acto vandálico actuaron dous días seguidos, o mércores 8 e o xoves 9 de outubro provocando un incendio nos baños do Multiúsos que obrigou a mobilizar aos bombeiros de O Porriño e aos axentes da Policía Local de Redondela. Afortunadamente non se produciron danos persoais malia a intensa fumareda que ocasionou o lume e que alertou aos clientes da Churrería Pepe.

Os lumes producíronse na tarde do martes e mércores da semana pasada. O primeiro dos incendios iniciouse ás 20:00 horas nun dos baños do segundo andar como consecuencia da queima de papel na zona dos inodoros. O lume afectou ao chan e a parede. Foron os clientes da Churrería Pepe os primeiros en decatarse do incendio ao observar como saía fume  por unha das fiestras do edificio, alertando do que estaba a suceder e empregando un extintor do propio edificio para sufocar as lapas. Por precaución achegáronse Bombeiros de Porriño para asegurar que o incendio estaba completamente extinguido e airear o lugar por ventilación forzada.

Ao día seguinte sobre as seis da tarde os vándalos volveron actuar, neste caso prendendo lume a un dos baños do primeiro andar e usando o mesmo modus operandi. Un dos traballadores do Multiúsos foi o encargado de apagar o incendio cunha mangueira evitando que se propagara.

Todo quedou nun susto, pero estes actos vandálicos poden ter consecuencias fatais no caso de que non se sufoquen nos primeiros minutos e as lapas se propaguen polo edificio. Os efectos das lapas aínda se poden ver nas instalacións afectadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará