A fase de grupos da Copa Federación chegou ao seu peche este fin de semana con emocións intensas. Nun derbi cargado de rivalidade no Grupo B, o Balonmán Chapela venceou ao SAR Impernoroeste por 27-16, pero selando a fase e eliminación de ambos os equipos da competición.
As rapazas da SAR sufriron un comezo demoledor, cun parcial de 8-1 nos primeiros dez minutos que as puxo nunha situación complicada desde o arranque. Porén, o equipo dirixido pola SAR mostrou carácter e reacción antes do descanso, recortando distancias ata chegar ao intermedio cun 15-10 en contra. A segunda metade non foi máis amable. A pesar dos esforzos por manterse no partido, o Balonmán Chapela volveu impoñer o seu ritmo e abriu brecha no marcador, pechando o xogo cun claro 27-16. Con esta derrota, a SAR Impernoroeste despídese da Copa Federación na cuarta posición da clasificación xeral do Grupo B, mentres que o Chapela logra un meritorio terceiro posto. As grandes dominadoras do grupo foron o CDEC Lavadores de Vigo, que se axudican o liderado e o pase directo á fase final. «A próxima semana teremos unha merecida xornada de descanso antes de arrancar a liga de Segunda Autonómica o fin de semana do 26 de outubro», comentaron fontes do club SAR, que xa miran cara ao campionato liguero con renovadas ilusións.
No Grupo A, Pastoriza Choqueiras enfrontouse ao Seis do Nadal-Coia no Pabillón da Marisma, pero non puido facer fronte ao poderío visitante. O marcador final de 23-46 reflicte a superioridade do equipo coruñés, que non deu opcións e selou a súa condición de invicto no grupo. O equipo local no logrou sumar vitorias nesta competición, quedando na última posición e confirmando a súa eliminación .
Coa fase de grupos concluída, os equipos de Redondela quedan fóra da loita polo título. A gran final da Copa Federación disputarase o vindeiro 18 de outubro e reunirá aos catro mellores do torneo: o Seis do Nadal-Coia, o Carballal, o BM Abegondo e o CDEC Lavadores.









