Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Almudena Suárez: “O meu nomeamento é un síntoma de que a Igrexa se vai adecuando aos tempos”

almudena2

A redondelá Almudena Suárez Cerviño é a única muller autorizada polo bispo da diócese de Tui Vigo para dirixir a palabra e dar a comuñón. Unha labor que leva facendo máis de dúas décadas pero que adquiriu unha enorme repercusión a raíz de que este nomeamento fora publicado na páxina web do Bispado. Un xesto que entende “é un síntoma de que a Igrexa se vai adecuando aos tempos”. Con todo, tamén puntualiza que os cambios chegan “por convicción pero tamén por necesidade” e, neste caso “a falta de curas obriga a adoptar este tipo de medidas para non ter que pechar as Igrexas os domingos”.

Ata o de agora  Almudena dirixía a celebración da palabra en sete parroquias dos concellos de Ponteareas, As Neves e Salvaterra. A mediados de outubro asumirá este papel en sete parroquias de Salceda de Caselas, cando estea ausente o presbítero titular. Neste sentido insiste en que o seu papel non é oficiar misa, algo que exclusivamente poden facer os curas, “nos facemos asembleas dominicais en ausencia de presbítero”, é dicir, permitir que a xente se reúna en ausencia do sacerdote para profesar a súa fe e celebrar a palabra.

Dende o 2004 realiza este traballo e dende o primeiro momento sentiuse acompañada e querida polos fregueses que a recibiron cos brazos abertos. Confesa que naquel momento sentiu certo respecto á hora de aceptar esta encomenda pero asumiu a responsabilidade de ser a primeira muller en realizar esta labor convencida de que as mullers teñen que

Nestes máis de 20 anos viu como diminuían o número de persoas que se achegan ás misas “a pandemia supuxo un antes e un despois porque moitos fregueses faleceron e as persoas maiores tamén deixaron de ir porque lle colleron medo”. Con todo, para sinalar un motivo de fondo no descenso no número de católicos acode ás palabras do Papa Francisco “a igrexa durante moito tempo foi madrasta e non nai”.

Almudena Suárez é profesora no instituto Mendiño, onde o seu nomeamento foi celebrado polos seus alumnos e alumnas que a recibiron sorprendidos pola repercusión que esta noticia tivo tanto nos medios tradicionais como nas redes sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará