Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A humanización da Praza da Petanca logra financiamento

praza da petanca

O presidente da Deputación, Luis López e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asinaron o convenio co que a Deputación achega 670.000€ para humanizar a Praza da Petanca, cuxo orzamento total ascende a preto dun millón de euros. O proxecto inclúe a construción dunha bancada e a creación dun auditorio ao aire libre así como a instalación dun ascensor que unirá verticalmente a avenida Ernestina Otero coa rúa Subida á Estación.

O sinatura deste convenio permitirá financiar o proxecto de humanización e instalación dun ascensor na Praza da Petanca co obxecto de renovar un espazo actualmente relegado a zonas de paso dando uniformidade á toda a praza e aproveitando o desnivel da parcela posterior para a construción dunha bancada e a creación dun auditorio ao aire libre.

As actuacións a realizar inclúen a preparación do terreo e a retirada do mobiliario existente para, a continuación, aplicar as capas de formigón precisas e a colocación de céspede nas zonas verdes con plantación de arborado. Así mesmo, instalarase un ascensor para salvar o desnivel da parcela e novo mobiliario urbano con bancos, fontes e aparcabicis. A actuación completarase coa canalización das redes eléctricas e a implantación de iluminación LED.

O acordo asinado entre Deputación e Concello no marco do Plan Extra,establece que o organismo provincial achega 670.000 euros. De acordo co reparto do Plan Extra, ao Concello de Redondela corresponderíalle unha subvención máxima de 1,1M€, pero o Concello presentou un proxecto cun orzamento de 956.700 euros, polo que para dar cumprimento aos criterios de confinanciamento das bases do Plan Extra a achega do organismo provincial non podería ser superior ao 70 % do total. O 30 % restante, uns 287.000 euros, asúmeo o Concello.

Segundo sinalou o presidente provincial, esta sinatura reflexa a importancia da colaboración entre institucións para facer realidade proxectos estratéxicos e transformadores que melloran os espazos urbanos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará