Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnado de mediación comunicativa reivindica o dereito á lingua de signos

ies chapela persoas xoradas

A comunidade educativa do IES Chapela, da man do seu alumnado do ciclo superior de mediación comunicativa, súmase á reivindicación promovida por todas as entidades da comunidade xorda para visibilizar que “Non hai dereitos humanos sen o dereito á lingua de signos”.

Desde 1958, en todo o mundo e na última semana de setembro, celébrase a Semana Internacional das Persoas Xordas incluíndo nestes días o Día Internacional das Linguas de Signos e o das Persoas Xordas.

O alumnado do ciclo superior de mediación comunicativa amosou as cores da bandeira da comunidade xorda e chamou a nosa atención para sensibilizarnos ao respecto do valor a Lingua de Signos, lingua natural das persoas xordas e de pleno dereito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará