A comisión das Festas de Virxe do Carme de Trasmañó. Cabanas e Rande celebra este domingo a terceira edición da Festa do Porco ao espeto. Será baixo a ponte de Rande onde se instalará unha carpa para que os comensais poidan gozar dunha cita que estará amenizada pola música de Mariano de Suavecito. A xornada compétase cunha Xuntanza moteira. O pregoeiro será o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, amante dos vehículos a dúas rodas.
Esta terceira edición da festa gastronómica forma parte da Xuntanza Moteira que se celebra o domingo 28 e que naceu hai tres anos como un xeito de recadar fondos para poder financiar as Festas do Carme.
A festa arrancará ás 11:00 horas coa apertura do bar e unha hora despois arrancará a Xuntanza Moteira, na que os participantes farán unha ruta pola parroquia.
As 14:00 horas terá lugar o pregón que correrá a cargo do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira. A continuación comezará o xantar e durante a xornada haberá xogos populares e unha sesión de baile amenizada por Mariano de Suavecito.
A comida inclúe ración de porco, patacas, pementos, bebida, sobremesa e café. O prezo é de 20 euros e os tickes pódense retirar na cafetería Rodeo, no Bar Ruada e na cafetería Puerto Vieira e as previsións apunta a uns 300 comensais, superando a asistencia do ano pasado.
O evento contará tamén con xogos populares pensados para os máis cativos.









