Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela e Cesantes representan con orgullo o remo galego en Donostia

WhatsApp Image 2025-09-05 at 18.43.19

A traiñeira de Chapela consolidouse como o gran referente do remo galego, mentres Cesantes deixou a súa pegada con valentía na clasificatoria da Bandeira da Concha, celebrada onte na desafiante baía donostiarra. A pesar de que ningunha das dúas logrou o pase á final, nin na categoría masculina nin na feminina, ambas embarcacións representaron con orgullo a nosa ría, mostrando un nivel competitivo que ilusiona de a próxima tempada.

Chapela, na categoría feminina, rematou nunha meritoria undécima posición cun tempo de 21:57.70, a poucos segundos da fronteira dos clasificados (21:29.46). O equipo de Arealonga superou a rivais directos como Kaiku e Arkote, reforzando as súas aspiracións para ascender á elite do remo a próxima tempada. Pola súa banda, Cesantes, na categoría ferminina, loitou contra un mar embravecido e un forte vento, finalizando na 19ª posición. Aínda que lonxe das prazas de honra, a súa determinación ante as adversas condicións demostrou o potencial dun equipo en crecemento que segue consolidándose na competición.

A xornada estivo marcada por un mar bravo, con ondas imprevisibles e un vento que complicou o rumbo tanto no longo cara a fóra como na volta á costa. Baixo un ceo solleiro, a baía da Concha converteuse nun auténtico campo de batalla para os patróns, que tiveron que demostrar mestría para manter a estabilidade das embarcacións. Malia o espectáculo vibrante, as sete prazas para a final (xunto ao billete directo de Donostiarra) foron copadas polas potentes traiñeiras vascas da liga ACT, que mantiveron o seu dominio habitual.

A participación de Chapela, Cesantes, Tirán e Meira reflicte o espírito incansable do remo galego, que segue loitando por un lugar entre os mellores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Somos un grupo de aficionados al remo, llevamos 15 años haciendo fotografías, no muy buenas, de todas las categorias del remo, desde bateles, pasando por trainerillas y acabamos la temporada con la liga Eusko label, Euskotren y la Bandera de la Concha. Llevamos publicadas más de 600.000 fotos sin marca de agua y subidas a la red, que pueden ser utilizadas por cualquiera que quiera sin ningún límite y totalmente gratis. Si la publicación fuese de una persona particular o un club de remo no tendríamos nada que decir, pero viendo que han sido publicadas por un medio de comunicación, Radio Redondela, no costaría nada poner quién ha sacado susodichas fotos. Sin nada más que decir Graciñas!!!! Esas 600.000 fotos siguen estando a vuestra disposición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará