Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous investigados polo incendio forestal en Fornelos de Montes

2025-09-04-20250904-INVESTIGADOS-INCENDIO-FORNELOS

O Equipo de Inspeccións Oculares da Garda Civil de O Porriño investiga a unha muller de 30 anos, residente en Barro, e a un home de 45 anos, veciño de Caldas de Reis, por un presunto delito de incendio forestal ocorrido o pasado 28 de xullo nas inmediacións do cemiterio da parroquia de Estacas, en Fornelos de Montes. Segundo a Comandancia, o lume iniciouse durante uns traballos de roza realizados por operarios dunha empresa, cando unha faísca dunha desbrozadora prendeu no mato baixo da zona.

O forte vento rexistrado ese día fixo que o incendio ameazase unha granxa próxima, aínda que finalmente non a afectou. O lume calcinou 4.500 metros cadrados, dos cales 800 eran de arborado e 3.700 de monte baixo, nunha xornada na que o índice de risco de incendio era moi alto ou extremo. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará