Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR OPmobility triunfa na Copa Federación

540706111_1331031772365080_2771268871689300594_n

O equipo masculino da SAR OPmobility, que compite na Primeira Autonómica, pechou a fase de grupos da Copa Federación cun pleno de triunfos, asegurando o seu pase ás semifinais previstas para o 21 de setembro.

O sábado, os redondeláns enfrontáronse ao BM Liña21 nunha complicada saída. O encontro foi dominado pola SAR, que chegou a ter unha vantaxe de sete goles (19-26, min. 45). A pesar da reacción final dos locais, o partido concluíu cun axustado 28-31 a favor dos de Redondela. 

O domingo, xa na súa casa e co apoio da afección na “Bombonera”, a SAR OPmobility recibiu ao recentemente ascendido Balonmán Xiria. O equipo impuxo o seu ritmo desde o inicio, ampliando a vantaxe progresivamente grazas a unha efectiva xestión das rotacións, o que permitiu a todos os xogadores gozar de minutos e contribuír con goles. O resultado final, 39-28, reflectiu a superioridade do conxunto dirixido por Iván Vázquez, que soubo recuperar forzas tras o esforzo do día anterior. 

O adestrador, Iván Vázquez, destacou a importancia desta competición na pretempada: “A Copa Federación é unha oportunidade para conectar e asentar o noso modelo de xogo. Enfocámola como parte da preparación, pero sempre coa ambición de gañar, xa que as roldas eliminatorias e a final, que se disputará en decembro, son obxectivos importantes”. O equipo, que xa goleara ao Lavadores (38-22) no primeiro partido da competición, prepárase agora para a liga, que comezará o 28 de setembro, coa mirada posta no ascenso e na consolidación do seu proxecto deportivo.

SAR Rodavigo feminina: loita ata o final na Copa Galicia

Pola súa banda, o equipo sénior feminino da SAR Rodavigo competiu nas semifinais da Copa Galicia fronte ao AD Carballal, un conxunto de categoría superior. As xogadoras redondelás mantiveron un encontro moi igualado, cun intercambio constante de goles e diferenzas mínimas no marcador, chegando ao descanso cun axustado 12-13. Nos minutos finais, o equipo vigués logrou impoñerse grazas a varias accións decisivas, selando o encontro cun 23-26 que deixou á SAR Rodavigo ás portas da final. 

A pesar da derrota, o equipo feminino demostrou un gran nivel competitivo, consolidando a súa progresión e deixando boas sensacións de cara á tempada que se aveciña. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará