Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anaquiños inicia o novo curso con actividades de baile e música tradicional

75204635_2526605307424677_1589683128438358016_n

O Grupo Folclórico Anaquiños arrancou esta semana o seu novo curso de actividades, que terán lugar no Multiusos de Chapela os mércores, xoves e venres. A oferta inclúe baile tradicional, con tres seccións adaptadas a diferentes idades: a escola de baile para nenos e nenas de 6 a 13 anos, o grupo senior de 14 a 40 anos e o grupo de veteranas para maiores de 40 anos. Así mesmo, impartirán clases de gaita, percusión e pandeireta, con niveis de iniciación e perfeccionamento en cada modalidade.

Estas actividades están pensadas para que os participantes se integren gradualmente no grupo folclórico, participando en actuacións por toda a comarca, Galicia, España e Portugal. Deste xeito, Anaquiños busca non só conservar a tradición, senón tamén promover a participación activa na difusión da cultura galega.

O grupo fai un chamamento a todas aquelas persoas interesadas no baile, a música ou o canto tradicional para que se acheguen ao Multiusos de Chapela nos días de actividade ou contacten no teléfono 682 695 736 para obter máis información. A iniciativa está aberta a todas as idades, co propósito de compartir e gozar do rico patrimonio cultural galego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará