Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior aproba un orzamento récord de 9,4 millóns para 2025 e impulsa un ambicioso plan de investimento

495219155_1113154890848933_7370689462604874765_n

Foto de arquivo facilitada polo Concello de Soutomaior

O Concello de Soutomaior aprobou un orzamento histórico de 9,4 millóns de euros para o ano 2025, superando en un millón o rexistro de 8,4 millóns do exercicio 2024. Este incremento, que representa un aumento de case o 70% respecto ao orzamento inicial, é froito dunha xestión económica eficiente e da captación de máis de 3 millóns de euros en subvencións e achegas externas ao longo deste ano.

A nova realidade financeira do municipio levou ao Goberno local a adaptar as súas estratexias á crecente capacidade económica. Por este motivo, a próxima semana presentarase no pleno unha modificación orzamentaria para cubrir os gastos da recta final de 2025. Ademais, o Concello destinará máis de 3 millóns de euros a obras xa iniciadas e a novos proxectos previstos para as próximas semanas.

O alcalde, Manu Lourenzo, salientou que “estas cifras reflicten a sólida saúde económica de Soutomaior e permiten un nivel de investimento en obras e proxectos sen precedentes”. Lourenzo tamén anunciou que o Goberno local está a elaborar un novo plan financeiro que substitúa o deseño anterior, considerado insuficiente para as necesidades actuais do municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará