Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As alfombreiras de Redondela, protagonistas do faladoiro “Aquí faltan páxinas”

WhatsApp-Image-2025-06-20-at-11.19.13-2

A Deputación de Pontevedra elixiu o Pazo de Petán en Redondel para dar o pistoletazo de saída á terceira edición do seu programa Aquí faltan páxinas”, que busca visibilizar o papel das mulleres na historia e na cultura. O acto, que contará coa presenza do presidente provincial, Luis López, e da deputada de Igualdade, Sandra Bastos, terá como protagonistas ás alfombreiras, en especial as redondelás Susana Ricón e Mayka Cabaleiro.

O faladoiro,  que terá lugar este xoves catro de setembro  ás 20:00 horas, reunirá a estas artistas redondelás xunto a outras referentes da provincia, como María Carrera Otero (Ponteareas), Loli do Campo (Bueu) e Tere Pereira (Gondomar), para poñer en valor o seu labor na creación das alfombras de flores, unha tradición que en Redondela é un emblema cultural presente nas Festas da Coca. Estas mulleres, transmisoras dunha sabedoría herdada de xeración en xeración, son as responsables de manter viva unha arte efémera que enche de cor e simbolismo as rúas cada primavera.

O traballo das alfombristas, de carácter comunitario e interxeracional, foi recoñecido pola Federación de Alfombristas de Galicia, logrando a inclusión no censo galego de patrimonio inmaterial e a declaración como manifestación representativa do patrimonio español. Agora, agarda a resolución da UNESCO para ser recoñecida como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.

O evento, que se poderá seguir en liña a través da web da Deputación, tamén será recollido nun podcast que inmortalizará os testemuños das alfombreiras. Esta actividade é só o comezo da nova edición de “Aquí faltan páxinas”, que continuará rescatando historias de mulleres destacadas da provincia, como as cantareiras de Gargamala, a modista Juana de la Cruz ou as pioneiras policías locais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará