A banda raíces redondelás e internacionais, Jay & The Smoking Machine, chega este sábado 9 de agosto a Redondela para presentar o seu esperado primeiro álbum, “Evil Eye”, nun concerto gratuíto na praza da Casa da Torre ás 22:00 horas, enmarcado na programación cultural de verán do Concello de Redondela.
O trío, liderado por Jay, orixinario de Holanda, e completado polos redondeláns Lui e Alberto, dous músicos con ampla experiencia na escena musical, aposta forte co lanzamento deste traballo, dispoñible en todas as plataformas dixitais e nun coidado formato en vinilo. “Evil Eye” fusiona con mestría o blues de Nova Orleans, o swing, o jazz e o rock dos anos 50, ofrecendo un son fresco e auténtico que reflicte as súas diversas influencias.
Con base en Redondela, Jay & The Smoking Machine consolidan o seu proxecto con esta pequena xira de presentación, que promete achegar a enerxía do seu directo aos asistentes. A entrada é libre e de balde, unha oportunidade única para gozar dunha noite de música en vivo nun dos escenarios máis emblemáticos da vila.









