Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE recupera a Luís Orge como número dous da candidatura que encabeza Reguera

RR_Noticias

O tándem Reguera-Orge substituirá a partir de Maio a Xaime Rei e Emilio González Iglesias, quen foron durante os últimos trinta anos cabezas visibles do PSOE local. Luís Orge, quen xa pasara pola corporación municipal no ano 1999 como concelleiro de urbanismo abandonara o cargo meses despois alegando “motivos laborais”. Dende esa data mantívose ao marxe da vida política aínda que sen abandonar a actividade pública, xa que actualmente é o presidente da SAR.
 

Luís Orge Míguez avogado de profesión e actual presidente do Club de balonmán de Redondela regresa agora á política local da man de Eduardo Reguera. Logo de máis dunha década apartado da vida política, con total seguridade Orge vai ser un dos novos concelleiros que saian das vindeiras eleccións municipais de maio, xa que está previsto que ocupe o número 2 na lista socialista.
A espera de que se coñezan o resto dos nomes que integrarán a candidatura que lidera Reguera e que está previsto se dean a coñecer o vindeiro 13 de febreiro, esta é sen ningunha dúbida unha das novidades máis salientables da lista do partido socialista en Redondela.
Unha lista onde non estará presente o actual alcalde, Xaime Rei nin o concelleiro de urbanismo Emilio González Iglesias, quen xa anunciara hai dous anos a súa intención de abandonar a política local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará