Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous mozos de Chapela saen ilesos dun aparatoso accidente na Portela

RR_Noticias

Todo quedou nun susto, pero o accidente puido ser tráxico, xa que o vehículo no que viaxaban os dous mozos de Chapela, un Rover 200 saíuse da vía nunha curva e precipitouse ao mar logo de levarse por diante parte da pasarela de madeira recen instalada no paseo de A Portela.

A pesar de caer dende unha altura de tres metros e de que a marea se atopaba alta, os dous ocupantes do turismo puideron saír polo seu propio pe e so presentaban lixeiras contusións segundo informou a policía local.
O accidente producíase pasadas as seis da madrugada de onte domingo cando posiblemente por un exceso de velocidade o condutor do vehículo perdía o control do coche nunha curva e levábase por diante a balaustrada de madeira para acabar no leito da ría.
Por outra  banda, tamén tivo que intervir a policía local nun sinistro que se producía en Reboreda, na estrada que pasa por esta parroquia en dirección a Pazos. Un BMW saíase de vía e aínda que o condutor saía ileso do sinistro foi detido logo de dar positivo na proba de alcoholemia onde se detectou que triplicaba o permitido.
O condutor, de 21 anos de díade está acusado dun delito contra a seguridade do tráfico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará