Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Viso demanda máis información sobre a A-59

RR_Noticias

Os afectados polo trazado da futura autovía demandan do Concello “máis información e medios técnicos” para identificar correctamente as súas propiedades e redactar as alegacións ao proxecto.  O edil de Urbanismo lembra que o Concello xa ten a disposición dos afectados dous técnicos que os atenden no Multiusos dende as 9:00 ata as 14:00 horas.

O Consello parroquial de o Viso, reunido esta semana acordou solicitar ao Concello os medios técnicos necesarios para que todos os veciños e asociacións afectadas pola infraestrutura teñan a posibilidade de realizar as alegacións oportunas. Tamén se acordou na xuntanza solicitar ao Ministerio de Fomento que se amplíe o prazo de alegacións como mínimo nun mes ante as dificultades e a falta de tempo de moitos particulares e colectivos para redactar as súas alegacións antes do día 10, data na que se pecha o prazo de presentacións das mesmas, así como para identificar correctamente as súas propiedades e defender axeitadamente- con informes técnicos e avogados- as súas demandas. Dende o goberno local o edil de Urbanismo, Emilio González Iglesias, reitera que dende o Concello xa se puxo a disposicións dos afectados dous técnicos que durante toda a mañá no Multiusos atenden as dúbidas e preguntas dos que se achegan a consultar os planos do trazado da A-59.

Marisol Vidal AVV de Saramagoso
Solicitan que o Concello poña un técnico a disposición dos veciños para explicar o trazado da vía

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará