Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un ordenador portátil para o mellor blog sobre o deporte redondelán

RR_Noticias

O terceiro concurso de blogs “Reblogdela”  que organiza a Asociación de empresarios en colaboración con Normalización Lingüística está orientado a mozos e mozas de entre 14 e 20 anos

Fomentar o uso e normalizar a lingua galega nas novas tecnoloxías é o obxectivo último que persegue a III edición do concurso de cadernos de bitácoras Reblogdela que organiza a Asociación de empresarios en colaboración coa Concellería de Normalización Lingüística. Baixo o lema “O deporte redondelán” os blogs participantes deberán divulgar e promover o deporte que se practica na vila, os clubs deportivos, os espazos para a práctica do deportes ,as asociacións ou mesmo os deportistas de cada unha das disciplinas que teñen presenza no concello. Nesta edición amplíase a idade dos participantes e poderán concursar todos aqueles mozos e mozas que teñan entre 14 e 20 anos. O gañador recibirá como premio un ordenador portátil de última xeración. Haberá tamén dous accésit que recibirán un MP4 e os demais participantes obterán unha memoria USB. Todos aqueles que queiran participar poden inscribirse na sede da Asociación de Empresarios ou no correo electrónico reblogdela@empresasredondela.com antes do 10 de decembro

Eva García Rei Normalización Lingüística
Un concurso para promover o deporte local e o uso do galego nas novas tecnoloxías

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará