Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela prepara un partido “crucial” co Castrelos

RR_Noticias

O adestrador do equipo redondelán, Luis Ferreira, confía en acadar un resultado positivo diante do pechacancelas. Os tres puntos permitiríanlles saír da fochanca na que caeron nos últimos partidos. Como equipo recentemente ascendido o club mantén o obxectivo da permanencia, para o que Ferreira é optimista.

A derrota do pasado domingo diante do Valadares fixo caer ó Chapela ata a 14º posición da táboa na Primeira Autonómica. O técnico, Luis Ferreira, lamenta o resultado, do que culpa ós “graves erros defensivos” do seu equipo. O adestrador, que recoñece un “baixón” no rendemento do equipo nas últimas semanas, xustifica a situación polas lesións de xogadores crave sufridas nas últimas xornadas. Con todo, agarda recuperar “a garra” que o equipo demostrou no principio de temporada e escalar postos ata a metade da táboa. O Chapela, recentemente ascendido á Primeira Autonómica, demostrou que ten calidade para xogar nesta categoría. Para o técnico o problema é que algúns xogadores estreáronse agora nunha liga que é nova para eles, na que nunca militaron, e o grao de esixencia a este nivel é maior. Sobre o futuro e os obxectivos para a temporada Luis Ferreira é optimista, confía en que o equipo será capaz de remontar os resultados negativos das últimas xornadas e mellorar o xogo. O técnico aposta porque o Chapela se situará “na metade alta da táboa” unha vez vaia avanzando a temporada e afiándose na categoría. Son conscientes de que se trata dunha liga “moi competitiva”, na que poden descender moitos equipos, xa que dependen dos “arrastres” que se produzan das categorías superiores. Ademais trátase dun grupo no que hai moita igualdade entre os equipos, polo que en Chapela contan con que hai ata uns dez equipos que serán os seus rivais directos por acadar a permanencia. Isto obrígaos a sumar puntos contra eses equipos. E o primeiro deses partidos “cruciais” será este domingo co Castrelos, o pechacancelas do grupo. Sobre o papel o Chapela é favorito, e xoga na casa, pero os visitantes melloraron o seu xogo nas últimas xornadas e teñen a presión engadida de que “precisan dos puntos con urxencia”.

Luis Ferreira adestrador
O técnico confía en mellorar resultados e garantir a permanencia
Chapela-Castrelos
No partido do domingo o Chapela enfróntase ó pechacancelas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará