Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello fixa unha “cláusula de salvagarda” para evitar prexuizos na compra do terreo de Chapela

RR_Noticias

Esta cláusula, incluída no contrato asinado con Caixanova, permitiría ao concello recuperar os 1’5 millóns de euros que a administración local vai pagar pola parcela de Chapela, no caso de que o Xulgado conceda a súa titularidade á Comunidade de Montes. O xoves 28 en Pontevedra celebrarase un contencioso-administrativo para determinar quen é o propietario da coñecida como o “polígono de autoestradas”

O concelleiro de urbanismo, Emilio González Iglesias asegura que os intereses dos veciños están perfectamente protexidos grazas á inclusión desta cláusula no contrato que se vai formalizar coa entidade financeira. O acordo consiste na compra dun solar de 35.000 metros cadrados no centro de Chapela que sería cedido á Xunta e destinado á construcción de servizos tales como unha gardería, un centro de día ou o traslado do colexio Igrexa. Coa inclusión da cláusula de salvagarda o goberno local quere prever posibles prexuízos no caso de que o Xulgado decida que dita parcela é terreo comunal, tal e como demandan dende a Comunidade de Montes de Chapela. Con todo, o edil puntualiza que segundo informes dos asesores xurídicos do concello, o documento empregado pola Comunidade de montes para demandar a propiedade dos terreos “ten valor histórico, pero non valor legal” polo que Caixanova sería a propietaria lexítima dos terreos tal e como se acredita no rexistro. González Iglesias tamén aclaraba que a oportunidade de adquirir unha parcela urbanizable a menos da metade do prezo de mercado é posible precisamente porque a titularidade do terreo se atopa en medio dun proceso xudicial.

Emilio González edil de urbanismo
Unha cláusula permitiría recuperar os caros si o xulgado entende que os terreos non son de Caixanova
Documentación legal
A secretaria do concello asegura que a documentación en poder de Montes só tería valor histórico
Menos da metade do prezo de mercado
Un acordo que é posible porque se está poñendo en tea de xuizo a titularidade do terreo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará