Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior epicentro dun terremoto de magnitude tres

RR_Noticias

O tremor, que se rexistrou pasadas a 1,30 horas da madrugada do luns, deixouse sentir noutro puntos da Provincia como Pontevedra ou Ponteareas e incluso en vilas ourensáns e coruñesas. O terremoto non provocou nin danos persoais nin materiais.

Os veciños do barrio do Rial en Soutomaior sentiron esta madrugada como se lles movía o chan. Aquí foi onde se rexistrou o epicentro dun terremoto de magnitude 3 que afectou ao municipio de Soutomaior e arredores ás 01,42 minutos desta madrugada segundo informou o departamento da Rede Sísmica Nacional do Instituto Xeográfico Nacional. Dada a súa baixa intensidade o terremoto non provocou ningunha incidencia nin de tipo persoal nin tampouco en fachadas ou inmobles. Ademais de en Soutomaior e Arcade o tremor tamén se sentiu en San Paio de Arriba, en Cedeira, Redondela, así como en toda a zona do Morrazo, Teis e Vigo chegando incluso a rexistrarse nas zonas de Aguiño e Ribeira, na provincia de A Coruña e en Manzaneda ou Amoeiro en Ourense.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará