Hoxe é Luns 11 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior pechado ao público trala caída de varias árbores polo temporal

castelo soutomaior

A Deputación de Pontevedra mantén pechado o castelo de Soutomaior este xoves. Varias árbores do xardín caeron durante a xornada de onte por mor dos fortes refachos de vento que deixou a borrasca Kirk. Un equipo de operarios traballa no acondicionamento do recinto para abrilo, previsiblemente, o venres

A Deputación de Pontevedra manterá pechado o castelo de Soutomaior este xoves para poder garantir a seguridade das persoas visitantes. Varias árbores do xardín do recinto caeron por mor das fortes chuvias e ventos provocados pola borrasca Kirk e un equipo de operarios está a traballar no acondicionamento do espazo para abrilo, previsiblemente, na xornada de mañá.

O Castelo ten abertas as súas portas ao público habitualmente entre o martes e o domingo. En Soutomaior as visitas teñen lugar entre as 10.00 e as 19.00 horas e en Sobroso entre as 10:00 e as 13:00 e as 15:00 e 18:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará