Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma Cidadá informa aos peregrinos en Saxamonde

RR_Noticias

Membros do colectivo retomana a campaña infromativa orientada a denunciar os prexuizos que a construcción da A-57 e o polígono insutrial Chan das Pipas terá sobre o camiño portugués a Santiago

Durante a mañá de hoxe, dende as 10:00 e ata as 13:00 horas membros da Plataforma Cidadá contra a autovía e da asociación de afectados polo polígono industrial de Chan das Pipas repartirán folletos informativo entre os peregrinos que están a realizar o camiño portugués a Santiago. O obxectivo é dar a coñecer a preocupación existente en ambos os dous colectivos sobre as repercusións que estas obras terán na contorna en xeral e no camiño portugués en particular. Por este motivo, o lugar elidido é o Coto do Gran, alí ademais dos folletos repartirán entre os camiñantes cunchas de vieira co logotipo da plataforma cidadán e recollerán sinaturas de apoio ás súas demandas que pasan porque se paralicen os proxectos da A-50 e do parque industrial Os colectivos convocantes realizaran xa unha acción semellante nos días previos ao 25 de xullo, datas nas que o número de peregrinos foi especialmente numeroso.

Belén Fervenza Plataforma Cidadá
A campaña persegue concienciar e informar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará