Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A biblioteca convida aos cativos a achegarse a un idioma en auxe: o chinés

RR_Noticias

A actividade desenvolverase na última semana de xullo e está orientada a rapaces de idades entre os 6 e os 9 anos. Aprenderán nocións básica do idioma e familiarizaranse coa cultura do país asiático  

A Biblioteca Municipal de Redondela en colaboración coa fundación Filomena Rivero organiza un curso de lingua e cultura chinesa orientado a nenos e nenas de entre 6 e 9 anos. A actividade está pensada para que os rapaces se familiaricen coa cultura e o idioma chinés, segundo explicaba o encargado de impartir o curso Gibson Mac, profesor de idiomas e amante de todo o relacionado con China, país no que viviu durante anos antes de trasladase a Vigo. Gibson traballa como intérprete e profesor de chinés formando tanto a adultos como a nenos. Destaca dos segundos a súa enorme curiosidade que os leva a aprender un idioma no que en poucas clases xa poden manexar unhas nocións  básicas. Motivos ben diferentes son os que moven aos adultos a matricularse en clases de chinés, xa que maioritariamente fano por cuestións económicas e empresariais. Os rapaces interesados en participar no curso, que se desenvolverá do 23 ao 30 de xullo en horario de mañá de 10:30 a 12:30 deberán inscribirse previamente na biblioteca no Multiusos da Xunqueira.

Gibson Mac profesor de chinés
Os cativos aprenderán nocións básicas do idioma
Lingua emerxente
Os cativos por diversión e os adultos por cuestións laboral a demanda das clases é alta

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará