Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aprender a contar contos con Charo Pita

RR_Noticias

A Biblioteca pon en marcha o obradoiro “Fórmulas de encontamento” orientado a público adulto que desexe aprender a contar historias a pequenos e grandes.
Por outra banda, a Axencia de lectura de Chapela recibe hoxe a visita do escritor Santiago Jaureguizar
 

O obradoiro “Fórmulas de encontamento” impartido pola actriz Charo Pita está orientado principalmente a pais e nais que desexen utilizar os contos no ámbito familiar, onde a imaxinación e o lúdico serán os protagonistas.
O obradoiro será eminentemente práctico e terá como obxectivo que os participantes teñan material bastante para poder contar contos e desenvolver criterio á hora de escoller libros infantís e xuvenís. Tamén se traballará a lectura e voz alta.
O obradoiro desenvolverase os días 6, 13 e 20 de novembro ás 18:30 horas. A actividade é gratuíta e a inscrición realizarase na Bibioteca Municipal
“Fórmulas de encontamento” inscríbese dentro do programa de Letras Vivas impulsado pola Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo e iniciou a súa andaina no ano 2008 a prol do fomento da lectura e o libro.
Jaureguizar en Chapela
Por otura banda, na xornada de hoxe o escritor Santiago Jaureguizar estará na Axencia de lectura de Chapela nunca nova sesión do Club de Lectura de adultos para falar sobre o seu libro “O globo de Shakespeare”
Jaureguizar, nado en Bilbao en 1965, traballa como xornalista no diario El Progreso de Lugo e ten xa unha ampla producción literaria na narrativa galega.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará