Hoxe é Martes 12 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Emotivas despedidas das concelleiras María Castro (PSOE) e Mª José Barciela (PP)

despedida

“Marcho orgullosa, tranquila e moi agradecida polo recoñecemento, empatía e amabilidade recibida durante todos estes anos e consciente dos meus erros pero segura de ter realizado o meu traballo con dedicación infinita” palabras que María Castro deixaba no pleno logo de agradecer aos compañeiros da corporación e traballadores municipais por tela acompañado nestes catro anos de traballo no goberno local. “Son inmensamente afortunada por ter vivido esta experiencia” afirmaba Castro malia un final abrupto que lembramos, levouna a presentar a súa renuncia tras o que cualificou como “discrepancias irreconciliables coa alcaldesa Digna Rivas”.

Todos os grupos agradecéronlle o seu traballo e lamentaron a marcha de quen foi unha das persoas máis valiosas no anterior mandato ao asumir responsabilidades tan importantes como Urbanismo e Economía e Facenda nun período marcado ademais polas dificultades, xa que lle toucou lidiar coa pandemia.

Digna Rivas quixo tamén despedir con elegancia a quen fora un dos piares do seu primeiro mandato “pido desculpas polos desencontros que tivemos” e quixo agradecer “no meu nome e no do grupo socialista o teu traballo e o teu esforzo nestes catro anos e o teu compromiso coa cidadanía”.

Unha emocionada Mª José Barciela tamén lle dicía adeus a corporación agradecendo a todos os traballadores “que me aguantaron” e a todos os veciños “que me votaron, especialmente a parroquia de Reboreda”. Aproveitaba tamén para “darlle caña” ao goberno actual “poñédevos a traballar e collede as rendas do goberno, que boa falta fai”.

O popular Javier Bas destacaba da súa compañeira “a súa enerxía a hora de traballar e as importantes obras que deixa tralo seu paso polo goberno” do que foi concelleira de parques e Xardíns e Vías e Obras entre o 2012 e o 2019. Dende a oposición desexábanlle o mellor nesta nova etapa e recoñecían todos os grupos “malia as diferentes política que nos separan a entrega e capacidade de traballo da concelleira popular”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará