Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo para inscribirse no desfile de comparsas de Soutomaior

soutomaior entroido

O desfile de comparsas terá lugar o domingo 26 de febreiro con saída ás cinco da tarde da Rúa Calvario e percorrido polo casco urbano de Arcade ata a Alameda Talo Río, lugar no que se celebrará unha festa de entroido que contará con música en directo. Os interesados en participar no desfile deberán facer a súa inscrición antes do venres 17 de febreiro.
As comparsas participantes deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. Non se considerarán como comparsas con dereito á inscrición e participación aquelas que repitan o seu disfrace de anos anteriores. O número máximo de comparsas participantes no desfile é de 15 que se elixirán por rigoroso orde de solicitude de inscrición. Os grupos participantes no desfile deberán ter un mínimo de 30 compoñentes.
O desfile partirá da Rúa Calvario ás cinco da tarde do día 26 de febreiro para percorrer a continuación as rúa Xosé Solla, Rosalía de Castro e remate na Alameda Talo Río onde haberá unha festa de entroido. En caso de choiva celebrarase o seguinte domingo, o 5 de marzo.
A inscrición farase a través da páxina web do concello antes do día 17 do vindeiro mes.
As axudas pola participación no desfile oscilarán entre os 400 euros para aquelas comparsas que superen os 40 integrantes e os 100 euros que recibirán as agrupacións de entre 30 e 40 participantes que non leven nin carroza nin megafonía propias. No caso de contar con estes elementos recibirán 300 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará