Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno condiciona o derrube da nave de Vilavella á autorización da Xunta para a retirada do amianto

vilavella

O goberno explica que a nave que vai ser derrubada en Vilavella ten amianto, un material cuxa retirada precisa dun tratamento especial e que está pendente dunha autorización que xa foi solicitada a Xunta a finais de decembro. Rexeitan así as críticas de AER que acusaban ao goberno local de “parálise na execución deste proxecto”.

Asegura a alcaldesa Digna Rivas que están pendente da autorización do goberno galego para realizar esta actuación  “un procedemento imprescindible para comezar a obra de forma segura e cuxa autorización foi solicitada o pasado 27 de decembro”.

Falan dende o goberno local “dunha pequena demora no proxecto” debido a que “a retirada do amianto é un proceso necesario e que conleva un risco, polo que ten un procedemento concreto e minucioso para poder facer a obra sen que ninguén corra perigo”.

Dende o concello explican que xa tiñan en conta o amianto dentro do plan do proxecto e que “todo continúa o seu curso normal”. En canto reciban a autorización comezarán co derrubamento da nave e a construción do estacionamento proxectado que contará “con decenas de prazas e permitirá dispoñer dun espazo próximo ao centro urbano e continuar coa transformación iniciada polo Goberno local no marco da mobilidade sostible e da recuperación de espazos públicos para a cidadanía”.

A estratéxica situación do aparcadoiro disuasorio –xusto na entrada do centro urbano– permitirá a desmasificación de estacionamentos de vehículos que, diariamente, se produce nas beiravías da estrada. Este aparcadoiro complementará aos dous aparcadoiros libres existentes no casco urbano reforzados polo aparcadoiro soterrado da Xunqueira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará