Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fin de semana gris para a Sar Rodavigo e a Sar Plastic Omnium

sar

Na División de honra prata feminina as mozas da Sar Rodavigo caeron na súa visita a Cantabria. Tampouco lograron puntuar os xogadores da Sar Plastic Omnium no seu partido da primeira nacional.

Camargo 74 Propenor 27-23 Sar Rodavigo
Derrota para a SAR Rodavigo que regresou de Cantabria sen puntuar. Partido igualado que chegou ao descanso cun marcador de 11-11. Sería na segunda metade cando as xogadoras do Camargo lograrían facerse coa vantaxe ata chegar a un resultado final de 27-23.

Granitos Ibéricos 26 – 17 SAR Plastic Omnium
Tampouco a SAR Plastic Omnium foi quen de superar ao Granitos Ibéricos na súa visita ao campo vigués. Os de redondela aguantaron o ritmo local durante o primeiro tempo chegando ao descanso cun marcador en contra de tres goles (12-9) pero na segunda parte os vigueses distanciáronse no marcador ata o resultado final de 26-17.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará