Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros para aprender a facer niños para paxaros

niños

A Concellería de Medio Ambiente organiza nesta Semana Santa unha actividade para a raàzada na que aprenderán a realizar caixas-niños para paxaros. Unha iniciativa que quere poñer o foco de atención sobre a importancia da conservación do ecosistema forestal dirixida a cativos a partir dos 7 anos de idade e que se desenvolverá os días 11, 12 e 13 de abril de 10 h a 13:30 horas. O luns no Multiúsos da Xunqueira, o martes no Meirande de Rande e o mércores no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela. O prazo de inscrición abriuse hoxe nas oficinas de Rexistro que ten o Concello de Redondela.

A actividade consistirá na realización de caixas-niños de tres formas distintas para diversas especies de paxaros. Amais, ás e aos pequenos daráselle unha pequena charla informativa, nun formato áxil e atractivo, sobre os distintos tipos de aves e se lles fará entrega dun pequeno caderno de actividades.

Con esta iniciativa o Goberno local busca poñer o foco de atención dos e das máis pequenas na necesidade de conservar o ecosistema forestal e a importancia que as distintas especies de aves teñen no mantemento do equilibro medioambiental.

As caixas-niños elaboradas polas rapazas e rapaces serán posteriormente instaladas na contorna da Alameda Castelao de Redondela, Museo Meirande de Rande e Multiúsos do Piñeiral do Crego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará