Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco salva un punto ante o Arnoia

choco

Terceira División

Atlético Arnoia 2-2 Choco

Malia a dureza do encontro o CD Choco logrou rescatar un punto na súa visita á casa do Atco Arnoia, nun partido que comezaba moi ben para os intereses dos de Juan Amoedo que se adiantaron no marcador ao minuto de xogo cun gol de Chisco. 

Debido ás características da superficie, de herba natural, e ao estado do terreo de xogo, os choqueiros atoparon complicado realizar o seu xogo máis lograban nos primeiros intres achegarse a portería de Borja con certa perigosidade. Pero no 35, un penalti igualaría o encontro ao ser transformado por César. 

Tres minutos despois o Atco. Arnoia, tería que xogar cun xogador menos debido a expulsión de Daniel. 

Tras o paso por vestiarios comezaría unha segunda parte que pronto se convertiría nunha choiva de cartóns, tanto amarelos coma vermellos, Até 15 cartóns mostrou ou colexiado interrumpindo continuamente o encontro. Un segundo tempo que comezaría con beneficio para os locais cando no 48 Jar mete o segundo tanto local nunha xogada ensaiada dende a esquina. 

Ata o 80’ logo das expulsións de Daniel Álvarez, Rubén Sotelo e Jesús, por parte dos locais, e de Berni do plantel choqueiro, chegaría a igualada cun tanto de Monroy. 

Nos derradeiros minutos do encontro ben puido o equipo choqueiros levarse os tres puntos por todalas ocasións tidas, máis o eférico, o nerviosismo e a tensión impediron que os xogadores redondelás atinasen na portería local. 

Ficha técnica:

Atco. Arnoia: Borja (p), Adrián, César, Daniel Vázquez, Rubén Sotelo, Alfredo, Pablo, Brayan, Rubén Arce, Adrián Presas e Jar. Tamén xogaronRubén García, Civile, Alfredo e Veloso.  

Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Ronald, Chisco, Alberto Suárez, Félix, Álex Pérez, Toni Armada, Kopa, Capelo, Berni e Carminati. Tamén xogaron Jorge Maceira, Monroy, Álex Figueroa e Comis .

Goles: 0-Chisco (1’), 1-1 César R. (35’), 2-1 Jar (48’), 2-2 Monroy (80’)

Na decimoterceira posición da táboa, o próximo domingo xogan an casa, reciben ao Silva noveno da clasificación

Primeira Galega Fase Permanencia

Tyde 1-2 Arcade

Segunda Galicia

Louro 0-0 Atl Vilar

Cesantes 4-2 Deiro

Catoira 2-1 Soutomaior

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará