Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar no goberno por non recibir resposta da Xunta sobre as axudas para a contratación de vítimas de violencia de xénero

digna

Explican dende o goberno local que ao igual que aconteceu o pasado ano, logo de que o Concello de Redondela presentara “en tempo e forma” ante a Xunta de Galicia a solicitude dunha dunha axuda para a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero, o Goberno local segue sen noticias da administración autonómica e sen saber se a súa solicitude foi aprobada ou, no caso contrario, os motivos que levaron á Xunta a súa denegación.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, amosou a súa indignación logo que o Partido Popular redondelán “asegurase que dita solicitude foi rexeitada e abondan en datos sinalando que o Concello de Redondela ocupa o posto 60 na lista de solicitudes”. Unha vez máis, afirma a alcaldesa redondelá “a Xunta de Galicia ‘puentea’ á administración local, ningunea ao Concello de Redondela facilitando información detallada ao Grupo Popular, a mesma información que lle nega ao Concello e ao Goberno local que é o representante de toda a veciñanza do municipio”.

“Os populares de Redondela coñecen, perfectamente, cando foi remitida toda a documentación, saben que se fixo cumprindo prazos e con todos os requisitos que este tipo de tramitacións precisan e, pese a iso, non dubidan en faltar á verdade, confundir á veciñanza e defender ao seu partido no Goberno en Santiago por enriba dos interese das veciñas e veciñas”.

Como xa demostrou en anteriores ocasións, engade Digna Rivas, ao PP “non lle para nin tan sequera estar tratando un tema tan delicado e que afecta directamente a calidade de vida das mulleres que foron e son vítimas da lacra social que supón a violencia machista”. Asemella, engade a rexe-dora local “que á hora de intentar desgastar a este Goberno, todo vale, aínda que sexa un tema de extrema sensibilidade como a violencia machista e na que todos e todas deberíamos presentar un fronte común”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará