Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Coidado! cisne aniñando

cisne

A marisma do río Pexegueiro foi o lugar escollido por unha femia de cisne para criar, o que levou á Concellería de Medio Ambiente a tomar medidas de protección acordoando a zona para que este exemplar de especie protexida poida aniñar con tranquilidade. Un proceso que dura sobre 36 días e que neste tipo de ave se dá entre os meses de maio e xullo.

Dende Medio Ambiente fan un chamamento á veciñanza a non perturbar a tranquilidade deste exemplar e lembran a importancia de respectar os espazos escollidos pola avifauna evitando en todo momento realizar ruídos molestos, achegarse en exceso ao niño ou perturbar a súa contorna. O concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, explica que a femia de cisne xa tivo que mover o niño de sitio debido á intervención humana o que levou a este departamento a acordoar a zona e suspender os traballos de desbroce e mantemento neste tramo situado nas proximidades das pistas de tenis e o IES Mendiño.

Dende o departamento de Medio Ambiente, lembran que o cisne é unha especie protexida que segundo a Lei 42/2007 do Patrimonio natural e da biodiversidade, será obxecto de medidas de conservación especial en canto ó seu hábitat, co fin de asegurar a súa supervivencia e a súa reprodución na súa área de distribución.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará