Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Biblioteca de Arcade organiza un laboratorio de formas para nenos centrado na figura de Seoane

RR_Noticias

A actividade está enmarcada dentro do programa “Xoves de conto” que organiza a biblioteca de Arcade e desenvolverase este xoves 19 ás 17:30 horas con entrada de balde. A proposta está orientada a nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade.

O Día das Artes Galegas 2019 estivo dedicado a Luís Seoane e con este motivo presentan unha actividade centrada na figura deste artista multidisciplinar que explorou o camiño da arte desde numerosas perspectivas pero, sobre todo, foi un grande impulsor da cultura galega fora das nosas fronteiras.
A súa obra plástica, marcada por unha intensa cor e formas rotundas, é o pretexto para traballar cos máis pequenos conceptos básicos de arte. Os participantes a internarse no universo de Luís Seoane para coñecer como manexa o cromatismo e a xeometría nas súas composicións e entender como evolucionou a súa obra desde o máis figurativo ata a abstracción dos planos de cor e a autonomía das liñas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará