Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O festival Redondela en curto periga pola dimisión do seu director e todo o seu equipo

RR_Noticias

Todo apunta a que o festival Redondela en curto caerá da programación cultural. Logo de 14 anos organizando este certame de cine en pequeno formato, o seu director Fernando Carreira “Cuchi” anuncia que abandona, xunto ao equipo que o acompañou nas últimas edicións, a organización do evento. Explica que esta decisión responde ao cansazo propio da organización dun festival que supón meses de traballo ao que habería que engadir que “é moi difícil loitar contra as administracións” en referencia á “pouca implicación dos seus responsables á hora de resolver cuestións que están nas súas mans”.

Fernando Carreira “Cuchi” presentou a súa dimisión como director do Festival de Cine Redondela en Curto, certame que ten organizado dende o seu nacemento hai xa 14 edicións. Xustifica a súa marcha ante o cansazo que supón capitanear a organización dun evento que precisa de moitas horas de dedicación pero tamén pola falta de apoio dende a administración e o difícil que é loitar contra determinados problemas como o feito de que “nunca se cumpran os prazos de pago ou que nunca se resolvan cuestións que se arrastran de edición en edición”. Explica Cuchi Carreira que “non se trata dunha cuestión económica, senón de falta de implicación por parte do Concello á hora de resolver cuestións que están nas súas mans”. Unha dimisión que fai temer que o festival caia da programación cultural xa que a estas alturas deberían estar xa en fase de visionado e elección das curtametraxes recibidas e, a día de hoxe, non hai nada en marcha. Lembramos que o festival celébrase habitualmente na última semana de abril e inclúe unha programación escolar en horario matinal así como pases abertos a todo o público onde se inclúen as curtametraxes a concurso e como outras seccións complementarias.  

Cuchi Carreira director Redondela en curto
Explica os motivos que o levan a presentar a súa dimisión
Futuro del festival
Entende que é difícil a estas alturas que o certame se organice

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará