Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Enrique Carro, a despedida dun grande

RR_Noticias

Logo de máis de 40 anos vencellado ao deporte, Enrique Carro retírase. Unha decisión difícil “aínda que moi meditada”, segundo confesa. Nos últimos dez anos acadou grandes éxitos como adestrador no Racing Chapela, club que el mesmo impulsou e que destaca entre os mellores de Galicia e de España en diferentes disciplinas.

O técnico do club redondelán Darlim Racing Chapela despídese. Enrique Carro (Vigo, 1960) deixa o mundo deportivo logo de “moitos anos de duro traballo” nos que pelexou como deportista e tamén como adestrador. Conta cun gran palmarés como técnico adestrando a equipos de deportistas con discapacidade, unha labor que exerceu nos últimos dez anos no Darlim Racing Chapela, e antes en entidades como Aspanae ou nas seleccións galega e española. A nivel deportivo chegou ao máis alto, convertendo a moitos mozos e mozas en campións de España, de Europa e do mundo. No persoal, leva o recoñecemento e o agarimo dos deportistas e as súas familias, que lle deron “as maiores alegrías”. O seu adeus é definitivo “e moi meditado”, debido ao cansazo de tantos anos “de traballo e sacrificio”, malia que recoñece que non será doado “habituarse a esta nova vida sen adestramentos”. Durante a súa etapa como adestrador no club de Chapela, Carro logrou converter en auténticas estrelas a Mauro Rodríguez, ou Eva Lago. Seguirá vencellado ao club de momento como secretario, e agarda que na próxima asemblea da directiva novas persoas “tomen o relevo” para contiuar co traballo administrativo da entidade.

Enrique Carro
Nos últimos dez anos acadou grandes éxitos como adestrador no Racing Chapela club que el mesmo impulsou e que destaca entre os mellores de Galicia e de España en diferentes disciplinas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará