Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG fai alegacións ao plan estratéxico do Porto de Vigo polo uso industrial de Rande

RR_Noticias

O voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González Campo, acompañado de varios membros da organización de Redondela e Vigo, presentou na Autoridade Portuaria varias alegacións ao Plan Estratéxico do Porto de Vigo. No texto dan un paso máis “para rexeitar a utilización destes terreos por parte do Porto como solo industrial”. Defenden que a inclusión do estreito de Rande na Rede Natura 2000 é “incompatible” cos usos industriais.

As alegacións presentadas polo BNG poderían resumirse en catro aspectos: que o texto se redacte tamén en galego, e se respeite a toponimia; que se abandone a proposta de ocupar os terreos de Duchess, Vieria e Almacén de Pedra en Rande; que se abandone a proposta de desmontar o Cargadoiro de Mineral, recuperando como peza singular para o fomento do turismo industrial; e que se desenvolva a PLISAN, para un reordeamento dos espazos portuarios. González lembra tamén que o BNG xa presentou unha moción no Pleno do Concello de Redondela, presentáronse varias preguntas no Parlamento Galego, e mesmo no Parlamento Europeo para coñecer a postura das diferentes administracións. Advirte que no borrador do Plan se aposta polo medre industrial da cidade de Vigo e a súa área, “pero sen facer referencia á degradación medioambiental que algunhas actuacións supoñen”. Entre os proxectos da Autoridade Portuaria está a creación de novos accesos para a explanada de Duchess. O BNG defende que para os actuais usos do litoral, e mesmo para as visitas ao museo Meirande, os actuais viais “son suficientes”. Entende o Bloque que o novo vial ten como finalidade permitir o tránsito de grandes camións para o futuro almacén de colectores, unha opinión que comparten coa Plataforma en Defensa da Enseada e a Asociación Cultural de Rande. Establecer un almacén de colectores no estreito de Rande, ou outros usos anunciados polo porto vigués, como un almacén de vehículos ou dársena de reparación de buques son actividades “incompatibles” coa especial protección ambiental coa que conta a zona, incluida na Rede Natura 2000. Considera o edil do BNG que recuperar case 20 hectáreas para usos industriais, incluíndo os terreos de Duchess, Vieira e de Pedra, ata Punta Soutelo, “castigarían este espazo singular e de difícil equilibrio medioambiental”. González considera que o PSOE tamén debe presionar para que dende o Ministerio de Fomento “se frenen” as pretensións do presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, a quen califica de “depredador medioambiental”.

Xoán Carlos González concelleiro do BNG
O BNG presentou na Autoridade Portuaria varias alegacións ao Plan Estratéxico do Porto de Vigo
Incomplatible co uso industrial
Defenden que a inclusión do estreito de Rande na Rede Natura 2000 é "incompatible" cos usos industrais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará