Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha muller e os seus catro fillos intoxicados por fume nun aparatoso incendio en Arcade

RR_Noticias

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron na madrugada do domingo a cinco persoas, tres adultos e dous menores, con síntomas de intoxicación por inhalación de fume procedente dun incendio declarado no interior dunha vivenda en Soutomaior. Os afectados son unha muller Margarita Rionda e os seus catro fillos, quen tiveron que ser evacuados por un incendio que se desatou no baixo do seu domicilio na rúa Coutada de Arcade.

O112 Galicia tivo coñecemento do suceso mediante a chamada de alerta dun particular ás 2:40 horas desta noite, cando se iniciou un lume no baixo dunha casa de dúas plantas situada na Rúa Coutada, en Arcade.
No momento de producirse o incendio, había persoas no interior da vivenda, que lograron abandonar o inmoble pero que se viron afectadas polo fume que se estendía por toda a vivenda e mesmo chegou a afectar as casas lindeiras. Deste xeito, cinco persoas, tres adultos e dous menores, necesitaron asistencia médica, polo que foron trasladas polos profesionais das 061-Urxencias Sanitarias. Todos foron trasladados ao Hospital Montecelo de Pontevedra. Un home de 30 anos requiriu dunha ambulancia medicalizada, mentres que as outras catro persoas, unha muller de 58 anos, un home de 26 e dous menores, foron trasladados nunha ambulancia asistencial .
O incendio arrasou por completo a parte baixa da casa e o fume chegou afectar á totalidade do inmoble. Na extinción do incendio, que comezou ao redor das 2:40 horas da madrugada do domingo, traballaron efectivos dos parques de bombeiros do Morrazo, Pontevedra, Vilagarcía e Baixo Miño, ata pasadas o oito da mañá de onte.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará