Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. busca frear a racha negativa ante o Cesures, rival directo pola permanencia

RR_Noticias

Un mal arranaque ligueiro condena aos de Javier Merino aos postos de descenso. Logo de 11 xornadas suman só 7 puntos. Malia o xogo do equipo, que compite a bo nivel, moitos partidos escapanselles nos últimos minutos. Unha situación que Fran Iglesias, da directiva, está convencido de que poderán reverter se o equipo sigue unido e traballando como ata agora.

Dúas vitorias, un empate e oito derrotas. Ese é o balance das primeiras once xornadas de liga do Redondela F.S. Queda aínda moita liga por diante, pero trasncorrido un terzo do campionato, os números non son bos. Fran Iglesias lamenta a situación, malia o bo xogo do equipo, que en moitas ocasións deixou escapar partidos “nos últimos dez minutos”. A temporada comezou tamén coa lesión dun dos xogadores chamados a ser un referente no vestiario, Michel. O reforzo foi baixa no primeiro partido de liga, por unha lesión de xeonllo da que está a piques de recuperarse. Con todo, Iglesias afirma que o equipo ten un plantel o suficientemente amplo como para non resentirse das baixas. A liga de Autonómica Sur está a ser moi competitiva, onde podes gañar ou perder “con calquera equipo da táboa”. De de feito o Redondela xogou a gran nivel ante rivais situados na parte alta da clasificación. Iglesias está convencido de que o bo xogo do equipo “dará resultados”, e que malia a situación complicada que atravesan, deben seguir traballando unidos para acadar os obxectivos. O equipo redondelán non pode deixar escapar a vitoria na próxima xornada ante o Cesures, tamén en postos de decenso, e cun punto máis que os redondeláns.

Fran Iglesias directivo do Redondela F.S.
Iglesias fala do mal arranque ligueiro do Redondela F.S.
Baixas por lesións
As baixas como a de Michel non xustifican os malos resultados para Iglesias.
Confianza no equipo
Iglesias amósase convencido de que se o equipo segue unido e traballando os bos resultados chegarán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará