Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos tres homes polo atraco a unha cafetería na estrada Peinador-Redondela

RR_Noticias

Axentes da Policía nacional detiveron na pasada madrugada a tres varóns que acababan de cometer un roubo nun bar na estrada de Peinador. As detencións foron posibles grazas a chamada dun veciño que circulaba no seu vehículo e viu aos detidos que saían dun bar con diversos obxectos e alertou ao 091. Os sospeitosos foron localizados nun vehículo na estrada Portocabeiro.

Axentes da Policía Nacional detiveron tres homes de entre vinte e seis e corenta anos de idade, todos eles veciños de Vigo, como autores dun roubo con forza nun bar da estrada Peinador-Redondela. Os feitos sucederon ás 03:50 horas da pasada madrugada, cando se recibiu unha chamada na Sala Operativa do 091, na que un veciño informaba que se acababa de producir un roubo nunha cafetaría situada na estrada Redondela-Peinador.
Os axentes accederon ao interior e descubriron que a porta estaba forzada e que a máquina comecartos estaba tirada no chan abertos. Nese momento os axentes iniciaron unha ampla procura deste tres individuos, localizando un vehículo BMW que circulaba pola estrada Portocabeiro, con tres persoas no seu interior.
Despois de interceptalos e interrogalos, un dos axentes realizou unha requisa do coche e descubriu na parte traseira un caixón de madeira da máquina comecartos, así como equipos de radio-comunicación e diversa ferramenta utilizada para violentar portas e enreixados.
Por todo iso os axentes procederon á detención deste tres persoas, así como a solicitar a presenza do servizo municipal de guindastre que procedeu ao traslado do vehículo ao depósito, onde quedou a disposición xudicial.
Unha vez en Comisaría fíxose unha comprobación das bases de datos na que se confirmou que un dos detidos contaba con 10 antecedentes policiais anteriores, sendo varios deles por feitos similares ao descrito.
O operativo foi levado a cabo polo Grupo Noites, da Brigada de Seguridade Cidadá, da Comisaría de Vigo-Redondela, pasando os detidos e todo o actuado a disposición do Xulgado de Instrución de Vigo en funcións de garda.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará