Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Leonardo Cabaleiro “O PP lamentará profundamente a vitoria de Pedro Sánchez”

RR_Noticias

O secretario xeral do PSOE de Redondela non oculta a súa satisfacción polos resultados que deixaron as eleccións internas do seu partido cunha vitoria contundente de Pedro Sánchez, que foi reelixido novamente secretario xeral dos socialistas oito meses despois da súa dimisión. Entende Cabaleiro que esta decisión supón “a recuperación do PSOE cara a liderar un proxecto gañador de esquerdas”.

Contundente vitoria de Pedro Sánchez, que do mesmo xeito que en toda Galicia, tamén se impuxo en Redondela. Dos 105 censados como militantes no PSOE local votaron 87, dos cales 60 deron o seu apoio a Pedro Sánchez, 23 optaron pola papeleta de Susana Díaz e Patxi López obtivo tan só 4 apoios. Leonardo Cabaleiro analiza estes datos con satisfacción  “sempre amosei o meu apoio a Sánchez pola súa defensa das políticas progresistas” e entende que a decisión das bases socialistas supoñen un cambio de envergadura que afectan directamente ao PSOE pero tamén en último termo ao que é a política en xeral. Augura que “o PP vai lamentar que o líder do PSOE sexa Sánchez”. Fai un chamamento á unidade “as bases falaron e agora toca apoiar o proxecto gañador” e amósase confiado no futuro do socialismo “esta noite comezou a recuperación do PSOE de cara a liderar un proxecto gañador de esquerdas que o leve ao goberno”.  

Leonardo Cabaleiro PSOE
Amosa a súa satisfacción polos resultados
Advertencia ao PP
Entenden que os populares van lamentar a vitoria de Sánchez
Unidade
As bases falaron e marcan o incio da recuperación do PSOE

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará